Skip to main content
Deportes AMARIÑAXADeportes LUGOXADeportes RIBEIRASACRAXADeportes SARRIAXADeportes TERRACHÁXA

A Copa Deputación liquidou a fase de oitavos mantendo representación nas catro categorías

Por 1 Abril, 2024Abril 2nd, 2024Sin comentarios

A provincia de Lugo viviu estes días unha nova sesión da Copa Deputación de Fútbol, na que foi a fase de oitavos para as categorías de Preferente e Primeira e para Segunda e Terceira. Ademais, os clubs femininos disputaron a fase de cuartos.

Así, hai xa no primeiro grupo oito equipos escollidos para a seguinte fase da competición, que se disputará o 1 de maio. Con vitoria clara pasaron o Foz e o Chantada, mentres que pola mínima estarán na seguinte fase o Milagrosa, o Santaballés e o Ribadeo. Por penaltis seguirán na pelexa o Escairón e o Lemos. Quedan por tanto dous representantes da Preferente para a seguinte rolda o Lemos e o Ribadeo. Estes súmanse ao Chantada Atlético que xa se clasificara en febreiro.

No grupo de Segunda e Terceira, só quedan dous equipos de Terceira para cuartos, o Rubián e o Piringalla, que se clasificaron na rolda de penaltis. De segunda tamén pasou por penaltis o Iberia. A maior vantaxe no marcador foi para a Comercial, pero tamén gañaron con claridade o Becerreá e o Friol. Con resultados axustados lograron a clasificación o Candelaria e o Antas.

Na feminina disputouse a fase de cuartos par ter as primeiras semifinalistas. O Antas e o PM Friol B gañaron cunha abrumadora maioría mentres que o Lugo B pasou pola mínima. Queda por saber o reusltado do San Lázaro-Monforte, que se disputará o día 1 de maio tamén.