Skip to main content
Deportes AMARIÑAXADeportes LUGOXADeportes RIBEIRASACRAXADeportes SARRIAXADeportes TERRACHÁXA

Comezan os play off en Terceira, mentres vive as últimas xornadas o resto do fútbol afeccionado

Por 6 Abril, 2024Abril 7th, 2024Sin comentarios

Esta fin de semana darán comezo os play off para a categoría de Terceira Galicia. Durante catro xornadas xogaranse as eliminatorias que permitirán a dous equipos, un do grupo Norte e outro do Sur, xogar o ano que vén en Segunda, logo do ascenso directo de Barreiros, Casás, O Páramo e Rubián.

No grupo norte arrancarán con dous enfrontamentos de semifinais, que serán a ida e volta, Castroverde-Goiriz e Piringalla-Rioaveso. No sur, os duelos iniciais serán Río Sil-Sober e Santa Comba-Corgo.

Os gañadores das semifinais enfrontaranse, tamén a dobre volta, nas finais.

O resto de equipos da categoría xogarán unha liguiña de consolación repartidos en varios grupos, que no implicará ningún tipo de recompensa deportiva.

SEGUNDA E PRIMEIRA

Este proceso realízase mentres se disputan as seis xornadas que quedan para os grupos de Segunda Galicia, liderados no norte polo Pastoricense e no sur polo Oural, que de quedar campións ascenderían directamente.

Polo momento, os clasificados para xogar despois os play off son Iberia (definitivo), Vilalbés B, San Ciprián e Folgueiro, no norte. No sur, a pelexa está polo momento de parte de Becerreá, Brollón, San Lázaro e Antas.

Sete xornadas quedan para a Primeira, na que o Pol goberna con vantaxe a táboa, seguidos de Burela e Escairón, que están colocados en zona de play off.