Skip to main content
Abadín

O centro de día de Abadín celebrou o seu quince aniversario

Por 3 Abril, 2024Sin comentarios

O centro de día de Abadín celebrou estes días o quince aniversario da súa fundación nun acto no que participaron todos os usuarios e a dirección, así como persoal do centro.

Os maiores leron unhas frases dedicadas ao mesmo que logo colocaron nas paredes para que foron lidas polo resto de usuarios e visitantes. Tamén recibiron unhas palabras da dirección e participaron nunha reunión con merenda.

O centro de día de Abadín conta con 40 prazas e ofrece unha atención integral aos seus usuarios. Conta con servizo de comedor, con cátering, e transporte adaptado.