Skip to main content
FriolFriol TERRACHÁXA

O Concello de Friol remata dúas obras, na praza Curros Enríquez e no colexio

Por 2 Abril, 2024Sin comentarios

O Concello e Friol vén de rematar dúas obras no concello de diferente índole. Por unha banda remataron as obras e humanización da praza Curros Enríquez. Trátase duns traballos efectuados polos alumnos do obradoiro de emprego Cumes da Terra Chá VII.

As accións consistiron no nivelado coa beirarrúa, o empedrado da zona e a colocación de luminarias, entre outros traballos.

Pola outra continúa a mellorarse a infraestrutura do CPI Doutor López Suárez. O centro conta desde agora cunha cuberta que facilita a entrada de nenos e nenas nos días de choiva. Foi o Concello o que asumiu o custo íntegro desta estrutura, 8.000 euros, tanto a elaboración como a montaxe.