Skip to main content
A Pastoriza

Realizan o día 8 na Pastoriza un obradoiro sobre muller e saúde

Por 1 Abril, 2024Sin comentarios

Dentro da programación do 8M, a casa da Música da Pastoriza acollerá o próximo luns, 8 de abril, un obradoiro sobre muller e saúde, que se impartirá de 16.30 a 20.30 horas.

Trátase dunha formación que ten como obxectivo mellorar a información e comprensión dos cambios evolutivos dunha muller e previr enfermidades deste colectivo.

Así, no programa falarase de menopausa e osteoporose, xinecoloxía, alimentación e exercizo.

Esta estará a cargo de Cristina Ouro Núñez, matrona do Hula e está dirixido a cidadáns en xeral.

As persoas que desexen asistir deberán anotarse previamente nos teléfonos 982 332 197 ou 629 534 793, así como na web da Escola de Saúde do Sergas.