Skip to main content
Pol LUGOXAPol TERRACHÁXA

O PP de Pol pide explicacións ao alcalde por “levar á quebra ao Concello”

Por 3 Abril, 2024Sin comentarios

“O alcalde de Pol é o único responsable da crítica situación económica do Concello e, polo tanto, debe dar explicacións. É o seu deber e os veciños merecen respostas”. Así de contundente se amosa a voceira do PP en Pol, Nicole Grueira, despois de ver como o rexedor “non ten nada que dicir” sobre “a preocupante” situación das arcas municipais.

Nicole Grueira “ve incrible” que o alcalde “decida agocharse nun silencio covarde” para non dar aos veciños as explicacións que “todos queren e merecen” sobre a situación financeira municipal.

A realidade é que “a situación económica do Concello de Pol é insostible” e o alcalde “ten a sorte de ser amigo” do presidente da Deputación, de aí que hai poucos días que “José Tomé viñera a pagar as facturas do Concello de Pol”. “É a sorte deste alcalde porque dubido moito que a Deputación acudise ao rescate doutro concello no caso de chegar a unha situación tan complicada como a de Pol”, afirmou.

Para Nicole Grueira a causa principal desta crise económica “é a mala xestión dos recursos municipais” por parte dun goberno socialista “inoperante”. “Unha xestión irresponsable e decisións equivocadas leváronnos ata este punto de colapso económico, provocando que a realidade do concello sexa vivir en números vermellos”, sentenciou.