Skip to main content
Rábade LUGOXARábade TERRACHÁXA

Remata unha edición moi especial do Máster de Futbolín de Rábade

Por 1 Abril, 2024Abril 2nd, 2024Sin comentarios

Rábade pechou a edición máis especial do Máster de Futbolín esta fin de semana cun récord de participación e de público neste 25 aniversario.

Durante catro días desenvolveuse esta competición na que participaron un total de 567 parellas, 300 en movemento, 235 e parado e 32 na feminina.

Ao tratarse dunha edición moi especial, este ano repartíronse 15.000 euros en premios e 137 trofeos, o que supuxo un total de 5.000 euros máis que anteriores edicións.

Na modalidade de parado a parella gañadora foi a composta por Tomás e Villa; en segundo lugar quedaron Torino e Álvaro e de terceiros Juan e Barciela.

En movemento os campións foron Celeste e Barciela, por diante de Sergio e Asier e Toni e Palomo. Finalmente, na categorías feminina as gañadoras foron Lutxi e Torreira e a segunda praza ocupárona Paula e Alba. Completaron o podio Rocío e Mari. A cuarta parella foi a formada por Nerea e Gema.

Tamén contaron de novo con varios trofeos. O Alejandro Finisterre, para o xogador máis regular, foi para Diego Barciela; o trofeo Concello de Rábade para o mellor xogador correspondeu a Villa, e o trofeo David García, para o mellor porteiro foi para Sergio. Continuaron tamén o trofeo Xunta de Galicia ao mellor xogador da comunidade autónoma, para Suso; o trofeo Bola Meiga á mellor dianteira feminina, para Nerea; o trofeo Peña Rábade Futbolín á peña máis participativa, para Palacio Vega de Asturias; o trofeo Galicia ao mellor xogador da provincia de Lugo, correspondeu a Álvaro, de Begonte, e o trofeo Merchi á mellor xogadora, que foi para Lutxi. Con este último quérese ofrecer unha homenaxe a unha das primeiras gañadoras que aportou moito ao futbolín. Engádese o Trofeo JMCR, ao Máster Leyenda, que foi para Paula, da Coruña.

Nesta gran festa do futbolín colaboran a Xunta de Galicia, a Deputación de Lugo (Vicepresidencia), e a área de Mocidade do Concello de Rábade.

Ademais, este ano recibiron da Federación Galega de Fútbol, no nome do seu presidente, Rafael Louzán, unha placa en recordo dos 25 anos de defensa do futbolín en Rábade.