Skip to main content
Rábade LUGOXARábade TERRACHÁXA

O campamento Insuaescola de Pascua logra un novo éxito de participación

Por 1 Abril, 2024Sin comentarios

Éxito do Campamento Insuaescola de Pascua-2024 co que colabora o Concello de Rábade.

16 nenos e nenas de entre 6 e 12 anos participaron en actividades e xogos en plena natureza, que novamente foron un éxito malia o mal tempo rexistrado estes días.

Os días 25, 26 e 27 de marzo celebrouse este Campamento Insuaescola de Pascua na Casa das Insuas que todos os anos conta con ampla participación como mecanismo de conciliación durante as vacacións de Semana Santa.