Skip to main content
Vilalba

O nome da casa da cultura volve a Pleno, xunto con varias obras do Plan Deputación

Por 4 Abril, 2024Abril 5th, 2024Sin comentarios

O Concello de Vilalba celebra hoxe, xoves 4 de abril, un pleno ordinario para aprobar algunhas das obras incluídas no Plan Único 2024 da Deputación de Lugo, entre outros asuntos.

Nesta sesión plenaria, serán en concreto as obras de repavimentación da rúa Conde Pallares e da Travesía que une a avenida Terra Chá coa Rúa Mondoñedo, ademais dos traballos de paso no lugar da Ribeira, na parroquia de Samarugo.

“Actuacións todas elas dirixidas a mellorar as infraestruturas públicas de Vilalba e, desta forma, a vida dos nosos veciños e veciñas”, explica a alcaldesa, Marta Rouco.

Na sesión debatirase tamén o ditame relativo á proposta de denominación da Casa da Cultura co nome de Manuel María; do Conservatorio de Música como Conservatorio de Música Santiago Mato Vizoso, e da Biblioteca Pública Municipal coma Biblioteca Pública Municipal Agustín Fernández Paz.

Debatirase por outra parte a proposta de solicitude de desafección das Vivendas de Mestres na rúa Cuart de Poblet, así como diferentes mocións dos grupos políticos municipais.

O pleno comezará ás 18:00 horas e poderase seguir na canle de YouTube do Concello de Vilalba.