Eventos
Tinho e a Orquestra Gaos darán a benvida ao Nadal en Marineda City
O artista coruñés, terceiro clasificado de Operación Triunfo 2025, ofrecerá un concerto xunto a 55 músicos da formación sinfónica o venres 20 de novembro, ás 19:30 horas
A Pobra do Brollón busca grupos para a 14ª edición dos Cantos de Taberna
O encontro musical celebrará a súa decimocuarta edición o sábado 5 de decembro e ten o prazo aberto para que os grupos interesados poidan inscribirse
Castro de Beiro acolle este mércores o magosto asociativo máis antigo de Ourense
A celebración, que se remonta a 1983, reunirá no Campo da Festa a centos de persoas arredor das castañas asadas, o polbo e a carne ao caldeiro
Dúas citas gastronómicas animarán novembro con magostos e laconadas en San Sadurniño
Ferreira celebra o seu magosto este sábado con caldo, castañas e música, mentres que a comisión de Santa Isabel organizará unha laconada popular o día 21
O Talentiño Solidario enche o Centro Cívico de Canido e recada máis de 500 euros contra o cancro
A gala reuniu gañadores e finalistas do certame nunha tarde de música, danza e maxia presentada por Rebeca Collado e Joaquín Enríquez
Nordés organiza unha xornada micolóxica con saída ao monte, xantar e faladoiro no Ortegal
A saída de campo partirá da estación de tren de Ortigueira e pola tarde haberá unha exposición de especies e unha charla aberta no Abeiro do Sor, en Mañón
O Saviñao celebra o seu magosto o vindeiro 14 de novembro con xogos e degustación
O Concello organiza unha xornada festiva arredor do produto típico do outono, con xogos populares e degustación aberta a todos os públicos
Bretoña, en Pastoriza, celebra a Festa do Castañolo o sábado 14
A celebración contará con castañas, liscada e empanadas, ademais de servizo de bar e música
O Club del Mar da Coruña organiza unha masterclass gratuíta de defensa persoal para mulleres polo 25N
A actividade celebrarase o sábado 28 de novembro en San Amaro e estará aberta tanto a socias como a non socias
Unha charla en Régoa abordará os riscos dos móbiles e das redes sociais durante a infancia
A actividade, organizada pola asociación veciñal, terá lugar o 15 de novembro ás 18.00 horas e contará con Mark Singleton, investigador e profesor visitante da USC
Cabanas celebra a fin de semana as festas de San Martiño con música, misas solemnes e unha roga esfolla
A fin de semana inclúe diana con gaiteiros, sesións vermú, verbenas e unha xornada tradicional de esfolla con merenda, ademais de avisos municipais sobre o punto limpo móbil e a ITV agrícola
O Samaín continúa este domingo en Pontedeume con obradoiros, xogos e unha festa infantil
A programación inclúe unha concentración na Praza Real ás 17:15 horas e actividades na Alameda de Raxoi, mentres que a Pasaxe do Medo do sábado queda cancelada pola previsión de choiva
Castiñeiro Milenario organiza en Begonte unha nova cata de cervexas centrada na tradición belga
A proposta terá lugar o venres 13, ás 20.00 horas, no Centro Sociocultural de Begonte, situado xunto ao Centro Médico
Este sábado celébrase a segunda xornada das festas de San Martiño de Corbelle coa orquestra Suavecito
A programación do 7 de novembro inclúe misa, procesión, sesión vermú, degustación gratuíta de produtos galegos e unha verbena nocturna nun campo cuberto con carpa
María Josefa Ruiz Tovar recibe a Medalla Emilia Pardo Bazán polo seu papel pioneiro na igualdade na Xustiza
A maxistrada foi a primeira muller en presidir unha Audiencia Provincial en Galicia e a cuarta en España; acumula máis de catro décadas de traxectoria profesional
Ourense celebra o sábado o seu III Torneo de Mus polo San Martiño con máis de medio cento de parellas inscritas
A competición repartirá prazas para os campionatos de España e Galicia nunha xornada que se prolongará dende a mañá ata a noite
O Tapéate volverá encher Ferrol de tapas do 12 ao 22 de novembro
A nova edición do certame gastronómico contará coa participación dos establecementos hostaleiros da cidade e repartirá 1.500 euros en premios entre o xurado e o público
Vilarrodís celebrará o 14 de novembro a súa III Festa do Magosto con carne asada, castañas e música en directo
A Asociación de Veciños de Vilarrodís organiza unha xornada de convivencia no centro social, entre as 14:00 e as 20:00 horas, con prazas limitadas e inscrición previa por WhatsApp
Outeiro de Rei abre a inscrición para participar no Mercado de Nadal do 12 de decembro
O Concello ofrecerá postos gratuítos para a venda de artesanía, decoración, alimentación, agasallos e produtos de segunda man no pavillón do colexio Laverde Ruíz
Seixas prepárase para celebrar a quinta edición do seu Magosto Veciñal e Cultural
A organización habilitará unha carpa con calefacción para garantir a comodidade dos asistentes e avisa que o prazo para anotarse remata o domingo 8
Condes, en Friol, celebra a tradicional Cea do San Martiño este sábado
O menú incluirá troitas, churrasco e pementos, unha proposta gastronómica clásica desta data
A III Festa da Xuventude de Meira celebrarase este sábado cun xantar e tardeo
Para rematar, ás 22.00 horas arrincará a verbena coa actuación de DJ Cosme e La Banda de Ayer, ademais de repartir liscos gratis para todos
O Soldado Lois recibe unha homenaxe militar no cemiterio do Piñeiro
Ordes lembrou este domingo a Manuel Lois García, o militar ordense que sacrificou a súa vida en 1937 para evitar unha explosión no cruceiro Baleares
O Magosto Municipal de Culleredo repartirá máis de media tonelada de castañas este sábado
A festa celebrarase a partir das 18.00 horas no parque da Torre de Celas, con touciño á brasa, viño novo, queimada e música do Grupo Compás




