Eventos
As Vespas tomarán Moeche este sábado cunha ruta nocturna que visitará a Mina Piquito
O Vespa Club Ferrol Golfos e Kinkis celebra a cuarta edición de 'Kinkis in the Night' cun percorrido que inclúe unha visita guiada ao antigo xacemento mineiro
Obús fará tremer O Burgo na estrea do festival Cullerock
A primeira edición da cita será gratuíta o 18 de setembro e reunirá tamén ás bandas locais Solrain e Máxica
Festas de Vilalba: As grandes citas musicais das patronais
O tributo a Estopa e o espectáculo ‘Yo lataba en EGB’ protagonizarán a noite do sábado 5 de setembro
O Freixo, nas Pontes, celebra a súa romaría a primeira fin de semana do mes
Terá lugar a tradicional poxa de produtos locais, na que os asistentes poderán poxar por artigos da terra
Bretoña, en pastoriza, celebra a Festa do Oito o martes
O día dará comezo ás 13.30 horas, cunha misa, procesión e sesión vermú a cargo do dúo Estrellas. A continuación, terá lugar un xantar baixo a carpa
O Mantón volve tomar o parque Raíña Sofía cunha nova verbena para as persoas maiores
A celebración será o sábado 12 de setembro ás 21.00 horas e estará precedida por un coloquio e un obradoiro de baile
O OUFF transforma por completo a súa sección Inédito e elimina as fronteiras xeográficas na súa 31ª edición
A histórica liña de programación do festival deixa de ceñirse a títulos xa comercializados que non chegaran ás salas da provincia para converterse nunha xanela ao mellor cinema recente, con tódalas sesións en Galicine (CC Ponte Vella)
El Combo Dominicano estará nas festas de Paradai, que encherán o barrio de música
O barrio celebrará os días 11, 12 e 13 de setembro as festas na honra de San Mateo cunha ampla programación na que a música, o baile e as actividades para todas as idades serán protagonistas
O Vilar celebra esta fin de semana as festas na honra á Virxe dos Remedios con tres días de música e tradición
As celebracións desenvolveranse os días 4, 5 e 6 de setembro e incluirán verbenas, actos relixiosos, comida gratuíta e inchables para os máis pequenos
Todo preparado para a Festa dos Ovos Rotos de Ribeiras de Lea
Durante a xornada haberá showcookings e degustacións gratuítas, pasarrúas, xogos tradicionais, unha concentración de Vespas clásicas e demostracións en vivo de diferentes oficios tradicionais
O Club del Mar de San Amaro despide o verán cunha festa familiar con inchables, chocolate e espectáculo
A xornada celebrarase este sábado 5 de setembro e incluirá unha actuación de Fredi Muíño con 'Circanelo'
Muimenta celebrará unha nova edición da Festa do Río o primeiro domingo do mes
Os tickets para a comida veciñal teñen un prezo de 30 euros, e poden adquirirse na mercería Teresa ou no restaurante Anillo ata o xoves 3
A Asociación Protectora Huellas de Sarria organiza a IV Feira Solidaria “Buenas Pulgas” o 6 de setembro
A xornada celebrarase na Sociedade Cultural La Unión, que cede o seu espazo para acoller un evento solidario con mercadiño, actividades, música en directo, vermú e recollida de doazóns para animais
Sarria celebra os días 8 e 9 de setembro as festas na honra á Virxe dos Remedios
A programación inclúe actos relixiosos, sesións vermú, charanga e actuacións musicais a cargo de Florida Band, Principal, Grupo D’Kris e El Combo Dominicano
Negradas celebra as súas grandes festas na honra de San Miguel os días 26 e 27 de setembro
La Conexión, Fania Blanco Show, Principal e Alabama serán as encargadas do apartado musical
LG1DO lidera un cartel de luxo para converter O Burgo Fest nunha gran festa de música urbana
O festival reunirá o 12 de setembro a Noex, Borja Solla, Nyan Boe, Mark Adams, Cotelo e Ariax nunha xornada gratuíta de electrónica, urbano e reguetón
Zoelas presentará este sábado en Antas de Ulla o seu novo Vinilo-CD sobre a memoria colectiva
A formación de Antas de Ulla dará a coñecer ás 20:00 horas no Parque Central de Galicia o álbum de sete temas que recolle o resultado discográfico do proxecto Des(a)fiada
Carral prepara máis de 5.000 racións para celebrar a súa gran Festa da Empanada
A LI Festa da Empanada de Carral e do Folclore Galego abrirá as fiestas do Socorro con gastronomía, música tradicional e catro actuacións
Pedrafita do Cebreiro despide o verán cunha xornada de actividades educativas e degustación de produtos da zona
A Festa de Remate do Verán celebrarase o 4 de setembro, de 11:00 a 15:00 horas, con propostas centradas na igualdade, a inclusión social e a participación cidadá
Triacastela celebrará o 26 de setembro a XIV Feira de Artesanía e Produtos da Zona
A xornada reunirá artesáns e produtores locais con obradoiros, degustacións, concertos e actividades para todos os públicos
A Festa do Requeixo de A Capela volve encher As Neves e esgota o seu produto estrela
A XXXVI edición reuniu numeroso público durante toda a xornada, con arredor de 2.500 racións de requeixo repartidas e medio centenar de postos
A chuvia non frea a Feira Rural de San Sadurniño, que pecha unha nova edición con bo ambiente
A cita reuniu 65 postos na Cortiña e mantivo durante toda a xornada actividades arredor da horta, os produtos locais e a vida no rural
A XII edición do Roteiro Avelino Díaz percorre o camiño entre A Órrea e Meira
Durante a andaina inaugurouse un novo chantón realizado por Manuel Pardo López, que foi apadriñado polo escritor e profesor Mario Outeiro Iglesias




