Sociedade
Burela dedica unha semana aos dereitos da infancia e da adolescencia con actividades e formacións
A programación desenvolverase do 19 ao 23 de outubro e inclúe xogos na praza do Concello, unha mesa redonda sobre educación sen discriminación e un concerto do grupo adolescente Blood Skeleton
A asociación Mistura de Lieiro organizou unha limpeza na praia de Cubelas para conservar o litoral de Cervo
A xornada enmarcouse no Plan de Acción de Alcoa e contou coa participación de persoas voluntarias, ás que a alcaldesa, Dolores García Caramés, agradeceu a súa colaboración
Aitor Bouza denuncia no Parlamento as deficiencias do bus entre Ferrol e A Coruña
O deputado do PSdeG critica a falta de prazas e frecuencias e pregunta á Xunta polas sancións á concesionaria, mentres reclama un servizo que evite esperas e viaxes con pasaxeiros de pé
Rábade organiza unha excursión a Fisterra e Muxía este sábado
As persoas interesadas en participar poden inscribirse na Área de Cultura e Deporte do Concello
Xosé María Álvarez Cáccamo presenta en Portas Ártabras o libro "Miniaturas e outras dimensións"
O acto celebrarase este xoves 15 de outubro ás 20:00 horas na Coruña e contará coa participación da poeta Eva Veiga
San Cristovo de Cea porá á venda o 19 de outubro as entradas para o Magosto Popular
O evento celebrarase o 14 de novembro no Pavillón de Deportes e incluirá música en directo e menú para adultos e para nenos
A Pontenova ofrecerá formación gratuíta para aprender a aproveitar os excedentes da horta
A proposta terá lugar os días 16, 17 e 31 de outubro no Centro Social Blanca Muriais e estará aberta a persoas traballadoras, autónomas e desempregadas
Cervo convoca unha andaina popular polo Día Mundial contra o Cancro de Mama
A marcha sairá do peirao de San Cibrao ás 17.30 horas e os edificios municipais iluminaranse de rosa para concienciar sobre a detección precoz
PRODEME representará o CB Breogán na Copa Campeones da Fundación ACB
A asociación de Monforte participará na temporada 2026-2027 nesta competición estatal de baloncesto inclusivo para persoas con discapacidade intelectual
Barreiros reunirá 15 viños tintos da provincia nunha xornada de cata e divulgación
O programa inclúe unha conferencia sobre o pasado e o futuro dos tintos galegos e unha degustación gratuíta este venres nas Escolas de San Cosme
Baralla recupera a memoria da emigración cunha exposición de 40 fotografías históricas
A mostra "Nós tamén fomos emigrantes", con imaxes do arquivo da Axencia EFE, poderá visitarse no Centro Sociocultural entre o 16 de outubro e o 20 de novembro, con entrada gratuíta
Folgoso do Courel acollerá dous encontros para reflexionar sobre os coidados e a corresponsabilidade
As sesións celebraranse os días 27 de outubro e 3 de novembro no Local Social de Seoane e estarán orientadas a compartir experiencias e inquedanzas
A Milagrosa reclama reparar una fochanca na avenida da Coruña tras máis de cinco meses sen solución
A asociación veciñal, comercial e industrial denuncia os danos que provoca no tráfico o afundimento do firme á altura do número 255 e pide unha actuación inmediata
Boborás pon en marcha un obradoiro de cerámica tradicional dentro do seu programa de igualdade
A actividade arrinca esta tarde no local social de Almuzara e desenvolverase os mércores, con prazas limitadas e prioridade para persoas empadroadas
A Casa da Memoria de Bóveda propón unha viaxe pola música galega con Francisco Castro e Valerio Araujo
O concerto ‘Éxitos da música galega’ celebrarase o sábado 17 de outubro ás 20.00 horas e reunirá cancións populares de varias xeracións
Cris de Caldas presenta ‘Mulleres de conto’ na Pobra do Brollón
O acto terá lugar o sábado 17 de outubro na Casa da Cultura Olga Novo e recuperará historias de mulleres que merecen ser lembradas
Folgoso do Courel recibirá a visita da oficina móbil de asesoramento para emigrantes retornados
O servizo da Xunta estará na praza do Concello o 30 de outubro, de 9.00 a 14.00 horas, e atenderá mediante cita previa
O Incio reivindica a música e o baile tradicional cunha xornada para "Bailar o Patrimonio"
A Escola de Música e Baile Tradicional organiza no antigo mercado unha tarde con obradoiros de pandeireta e baile, a actuación de Por Vir e unha foliada aberta
Mañón ofrece actividades deportivas, culturais e de conciliación durante toda a semana
O programa municipal inclúe zumba, ximnasia, pilates, tenis, pintura, cestería e actividades de memoria, ademais dunha exposición sobre as mulleres rurais de Cabo Verde
Neda pecha o ciclo de cinema documental cunha curtametraxe sobre o Mar Exeo
A Casa da Cultura acolle este venres, ás 20:30 horas, a película de Antón Taboada sobre a memoria do naufraxio e a transformación dos restos en arte




