Bumei organiza unha charla sobre muller e saúde
Mujeres en Igualdade Provincial de Lugo,Bumei, organiza unha xornada sobre muller e saúde o venres ás 18.00 horas no salón de actos da casa do mar de Burela.
A presentación correrá a cargo da nosa vicepresidenta, Jasone F. Lorenzo Bahamonde. O primeiro relatorio correrá a cargo da Asociación QuerENDO, mulleres con endometriose. A traballadora social, sexóloga e membro da directiva desta entidade, Verónica, falaranos sobre esta doenza e a importancia dun diagnóstico precoz.
A segunda dos relatorios correrá a cargo da Asociación Española Contra o Cancro (AECC). Rocío Fernández Alonso, traballadora social da Xunta Local de Burela, falaranos sobre os tipos de cancro que máis afectan as mulleres e os recursos que a asociación pon ao dispor de pacientes e familiares.
Para participar ou máis información haberá que chamar ao 683 230 220 ou escribir ao correo entendotebumei@gmail.com.