Celtas Cortos leva o seu folk ao San Froilán de Lugo este xoves 8

Ademais, o "San Froilán Sorrí" reunirá aos humoristas David Amor e Carlos Blanco na praza de Santa María nunha xornada con teatro familiar, artesanía, música tradicional, pasarrúas e verbenas
Celtas-Cortos
8 Oct 2026

A música volverá ser a protagonista do xoves 8 de outubro do San Froilán. A partir das 19:30 horas, a praza Maior acollerá a verbena do Grupo Beatriz. Pola noite, ás 21:30 horas, a praza do Seminario recibirá a actuación de Celtas Cortos, mentres que á mesma hora Agro do Rolo acollerá a verbena de Panorama City.

A programación cultural comezará desde primeira hora con X Cultura e Tradición no Camiño. Ás 11.00 e ás 17.00 horas celebraranse na Oficina de Turismo da Xunta de Galicia e no Espazo Relembra os talleres de Colectivo de Orfebrería I, impartido por Susi Gesto, e de Iniciación ao Tapiz, a cargo de Inés Rir. Para participar é necesaria a inscrición previa no correo traxandaina@gmail.com.

O teatro familiar terá tamén un espazo destacado durante a tarde. Entre as 16.30 e as 20.30 horas, a carpa de Santo Domingo acollerá a representación de "La Caixeta", un espectáculo dirixido ao público familiar.

A tradición galega estará presente de novo ás 19.00 horas coa actuación musical "As cegas da montaña", incluída en X Cultura e Tradición no Camiño e programada na Oficina de Turismo da Xunta de Galicia e no Espazo Relembra.

As rúas da cidade estarán animadas durante a tarde con diferentes propostas. Ás 19.00 horas, Tambukda percorrerá a praza de Augas Férreas, Estrada da Granxa, Campos Novos, Afonso X, avenida de Magoi e Acea de Olga. Ás 20.00 horas será a quenda de Xaora, pola Ronda das Fontiñas e Montirón, e de Son de Lugh, polo barrio de Albeiros.

A música tamén terá unha presenza destacada. Ás 17.00 horas actuará Soan no patio do Edificio Administrativo do Concello, onde ás 18.30 horas ofrecerán un concerto Los Jorobados del Miño. Ás 19.00 horas, Los Indecisos actuarán na praza de Santa María, mentres que ás 20.00 horas será a quenda de Chemical Addicts no patio do edificio administrativo.

A partir das 19.30 horas, a praza Maior acollerá a verbena do Grupo Beatriz. Pola noite, ás 21.30 horas, a praza do Seminario recibirá a actuación de Celtas Cortos, mentres que á mesma hora Agro do Rolo acollerá a verbena de Panorama City.

Por riba desta programación musical e festiva, a gran cita humorística do día será "San Froilán Sorrí", con David Amor e Carlos Blanco ás 21.00 horas na praza de Santa María, nunha xornada que combinará humor, cultura, tradición e ocio para diferentes públicos.

0.26555681228638