Dez locais de Foz participan na Oktober Fest os días 23 e 24 de outubro

Foz
A iniciativa, organizada por AciaFozCCA, ofrecerá diferentes variedades de cervexa e tapas especiais para dinamizar a hostalaría local e dar a benvida ao outono
Oktober-Fest-Foz-26
21 Oct 2026

Foz celebrará os días 23 e 24 de outubro unha nova edición da Oktober Fest, unha cita gastronómica organizada por AciaFozCCA na que participarán dez establecementos hostaleiros da localidade. A proposta permitirá degustar diferentes variedades de cervexa, desde as máis tradicionais ata as artesás e de autor, acompañadas de tapas especiais preparadas para a ocasión.

Os locais participantes son A Farola, A Funcional, Augas Santas, Bar 78, Cafetería Leytón, Dandy, Happy Days, Marexada, Namarinos e O Muelle Bar, que se suman a esta iniciativa para ofrecer unha proposta gastronómica vinculada á celebración da festa da cervexa.

O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, destacou que a cervexa será a protagonista durante as dúas xornadas, nas que os clientes poderán descubrir diferentes variedades e acompañalas con elaboracións especiais.

O responsable da asociación sinalou que a iniciativa busca dinamizar a hostalaría local e dar a benvida ás temperaturas máis baixas e á nova estación. "O obxectivo é dinamizar a hostalería local e darlle a benvida ao frío, que acaba de chegar, e tamén ao outono", explicou.

A presentación da Oktober Fest contou coa presenza de José Carlos Paleo e do escritor e xornalista José Ribagorda, que estes días visitou o comercio local de Foz.

A iniciativa está organizada por AciaFozCCA e conta coa colaboración de Comercio Galego, da Xunta de Galicia e do Concello de Foz.

0.28845906257629