Gloria Alonso foi elixida por unanimidade candidata de Movemento Sumar Galicia en Vigo

A Asemblea Comarcal de Movemento Sumar Galicia Vigo elixiu por unanimidade a Gloria Alonso Domínguez como candidata da organización á Alcaldía de Vigo de cara ás eleccións municipais de 2027. Alonso presenta a súa candidatura coa vontade de construír unha alternativa de esquerdas ao modelo de cidade compartido, na súa opinión, polas tres principais forzas con representación municipal. “PSOE, BNG e PP están moi cómodos co Vigo actual, onde todos gañan pero perdemos as de sempre. Se está Movemento Sumar Galicia, estará a esquerda de Vigo”, afi rmou.
A candidata defendeu que Vigo precisa unha forza política que sitúe no centro os problemas cotiáns da veciñanza, especialmente o acceso á vivenda, a situación dos barrios, a calidade do emprego e a defensa dos servizos públicos. Neste sentido, Alonso anunciou que a vivenda será unha das grandes prioridades do proxecto municipal de Movemento Sumar Galicia. “Precisamos topar os prezos dos alugueiros e declarar todo Vigo como zona de mercado residencial tensionado. O problema da vivenda non afecta unicamente ao centro ou a determinados barrios: Vigo é, na súa totalidade, unha cidade tensionada”, asegurou.
A candidata considera imprescindible utilizar todas as ferramentas legais dispoñibles para frear o incremento dos alugueiros, ampliar o parque público de vivenda e evitar que a mocidade e as familias traballadoras sexan expulsadas da cidade. “Vivir en Vigo non pode converterse nun privilexio. A vivenda é un dereito e o Concello debe actuar con decisión para garantilo”, subliñou.
Igualmente, “a defensa do emprego digno, dos dereitos das persoas traballadoras e dos servizos públicos forma parte inseparable do meu compromiso político. Vigo ten un enorme potencial industrial, portuario, tecnolóxico e universitario, pero ese desenvolvemento debe traducirse en empregos estables, salarios dignos e oportunidades para poder quedar e construír aquí un proxecto de vida”, indicou. A candidata aposta por unha cidade construída desde os barrios, na que o desenvolvemento urbano e os investimentos cheguen a todas as zonas. Tamén propón unha mobilidade máis accesible e sostible, capaz de conectar os barrios entre si e Vigo coa súa contorna, e unha relación máis próxima coa ría e o litoral como elementos fundamentais da identidade e do futuro da cidade. “Vigo non debe medirse unicamente polo que constrúe, senón pola calidade de vida que ofrece á súa xente. Quero poñer a miña experiencia política, sindical e profesional ao servizo