Lugo acollerá dous obradoiros de narración oral impartidos por Celso Fernández Sanmartín

A iniciativa da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega desenvolverase os días 9 e 16 de decembro no Vello Cárcere, con 20 prazas gratuítas por sesión
Celso Fernández Sanmartín
26 Nov 2026

A Escola de Narración Oral da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) organizará en Lugo dous obradoiros a cargo do contacontos Celso Fernández Sanmartín. As sesións celebraranse os mércores 9 e 16 de decembro, de 16:30 a 18:30 horas, no Centro Cultural Vello Cárcere.

A actividade, que forma parte da Escola de Escritoras e Escritores da AELG, conta co patrocinio da Deputación de Lugo e a colaboración do Concello. Cada sesión terá unha duración de dúas horas e ofrecerá 20 prazas para persoas maiores de 18 anos.

A inscrición é gratuíta e deberá realizarse mediante o envío dun correo electrónico ao enderezo oficina@aelg.org, indicando o nome, os apelidos e o obradoiro no que se desexa participar.

Celso Fernández Sanmartín é licenciado en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela e traballou durante dez anos nunha residencia da terceira idade de Lalín. Desenvolve o seu labor como contacontos, recolledor e reinventor de historias, contos e memorias vinculadas á tradición oral galega e europea.

6.7092518806458