Lugo recibe o Arde Lucus cun venres repleto de recreación histórica, espectáculos e actividades

A festa de Interese Turístico Internacional arrancou coa chegada das tropas romanas e desenvolverá unha intensa programación durante toda a xornada
Acendido-do-lume-sagrado-de-vesta-Arde-Lucus-26
19 Jun 2026

A cidade de Lugo xa vive plenamente unha nova edición do Arde Lucus. A festa, recoñecida como de Interese Turístico Internacional, iniciou a súa programación na xornada do xoves 18 de xuño coa chegada das tropas romanas á cidade a través da Ponte Romana, nun acto encabezado polo xeneral Caio Antistio “O Vello” na contorna da Ponte Romana e do Paseo Fluvial do Miño.

A programación inaugural continuou ás 21:00 horas co rito á deusa Diana, organizado polas Asamblearias de Lvcvs Avgvsti na Ponte Romana, mentres que ás 21:30 horas tivo lugar o acendido do lume sagrado de Vesta, levado a cabo polas Vestais de Lvcvs Avgvsti na Praza de Santa María. Xa ás 23:00 horas, as rúas da cidade enchéronse de animación cos espectáculos itinerantes protagonizados por Kaltie e Tambukada.

Durante toda a fin de semana, a cidade amurallada acollerá milleiros de veciños e turistas que participarán nun evento organizado polo Concello de Lugo e polas 19 asociacións de recreación histórica que traballan ao longo de todo o ano para ofrecer unha experiencia única.

Este venres 19 de xuño, a XXV edición do Arde Lucus contará cun amplo programa de actividades que comezará ás 12:00 horas cunha exhibición de ecopercusión na Praza Maior. A partir das 16:00 horas arrancarán os espectáculos itinerantes polas rúas da cidade con Bakan, Kaltie, Malatitsch, Trip Malabar, Turdión, Gravity, Tambukada, Fauno e Títeres.

Ás 17:00 horas desenvolveranse distintos actos simultáneos como a presentación dunha escultura dun casco galaico e o seu pedestal a cargo de Trebas Galaicas no Parque Rosalía de Castro, a actividade “Misión: Salvar Roma” nas ladeiras do mesmo parque e unha loita de gladiadores organizada por Ars Dimicandi na Praza de Santa María. Media hora máis tarde terá lugar o acendido do lume e a invocación aos deuses galaicos a cargo de Lugdunum no Parque Rosalía de Castro, ademais dun desfile organizado por Tympana Galaica desde o Macellum ata a castra.

A programación continuará ás 18:00 horas cun obradoiro infantil de elaboración de cestas de vimbio e médula a cargo de Civitas Lvcensis no Parque Rosalía de Castro, a representación teatral “A Profetisa”, de Nova Escena Teatro, na Praza de Armanyá e tamén bautizos celtas na Praza Maior.

Xa pola tarde-noite, ás 19:00 horas anunciarase a morte da vestal na Praza Maior. Ás 20:00 horas desenvolveranse as vixilias itinerantes de Caetra Lvcensivm polas rúas do centro, as vodas celtas na Praza Maior e unha nova loita de gladiadores no mesmo espazo.

Ás 20:30 horas celebrarase a Asemblea Galaica coa Declaración de Guerra na Praza de Santa María, mentres que ás 21:30 horas terá lugar a Traditio Stipadivm organizada pola Cohors III Lvcensivm na Praza Maior. Ás 22:00 horas será a quenda da representación teatral “Sesión do Senado”, do Senatvs Lvcvs Avgvsti, seguida media hora despois do Grimorivm na Praza de Santa María.

A xornada pecharase con distintas actividades nocturnas como “As mulleres iluminan a noite”, organizada por Salesiani Lvci Avgvsti e Kértix, a troula itinerante desde a Praza Maior, o espectáculo de lume de Malatitsch na Praza Anxo Fernández Gómez, o acto “Pretoriano caído” na Capela de San Roque, o Wicker Man na Horta do Seminario e a sexta edición da carreira nocturna Mvrvs Lvcis con saída desde a Praza Pío XII.

CONSULTA TODA A PROGRAMACIÓN DO ARDE LUCUS 2026

0.33469891548157