Inaugurada a exposición Peinó 100, que recompila a obra de Luís Ferreiro Peinó
A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, inaugurou no Vello Cárcere a exposición Peinó 100, que recompila parte da obra do artista Luís Ferreiro Peinó durante toda a súa carreira. A iniciativa parte da familia do artista, e contou coa colaboración da Área de Cultura do Concello de Lugo e da área de Cultura da Deputación.
A exposición poderá visitarse na primeira planta do Vello Cárcere ata o vindeiro 7 de xaneiro. Contará cunha selección das esculturas realizadas por Luís Ferreiro Peinó durante os distintos momentos da súa carreira artística, entre as que se atopan as obras Cariña de Lúa, Tullido e Bico, cedidas polo Museo Provincial.
Esta exposición lévase adiante no ano no que o artista cumpliría 100 anos. Trátase da oitava vez que se amosa a súa obra, a segunda a título póstumo. Coincidindo coa data, publicouse o portal web luisferreiropeino.gal que recompila diversos contidos relacionados coa obra do artista.