O encoro de Eiras recupera os seus niveis de auga e alcanza o 81,1 % da súa capacidade

O nivel de ocupación experimentou unha importante recuperación desde o mínimo histórico do 32,5 % rexistrado o pasado 5 de novembro
caballero-encoro-de-eiras
18 Nov 2026

O encoro de Eiras alcanzou este martes, 17 de novembro, o 81,1 % da súa capacidade total, unha notable mellora respecto á situación rexistrada hai menos de dúas semanas, cando o pasado xoves 5 de novembro chegou ao seu mínimo histórico, cunha ocupación do 32,5 %.

Ante a alternancia de prolongados períodos de seca con episodios de choivas intensas, o Concello de Vigo mantén a súa reclamación á Xunta de Galicia para que impulse a construción dun novo encoro augas arriba da presa do Oitavén, situada por riba do encoro de Eiras.

O obxectivo desta infraestrutura sería evitar futuras situacións de alerta e posibles restricións no abastecemento de auga, que afectan tanto á cidadanía como ás empresas.

Desde o Concello consideran necesario iniciar os traballos previos para poñer en marcha o proxecto de construción do novo encoro, tendo en conta que este tipo de actuacións require un longo período de execución.

0.59314107894897