O xoves comeza a exposición Percorrer o Tempo na praza Horta do Seminario

Comeza a montaxe da exposición Percorrer o Tempo na praza Horta do Seminario. Permanecerá na praza Horta do Seminario ata o 2 de xaneiro
exposicion percorrer o tempo lugo
8 Nov 2021

Comezou a montaxe da exposición Percorrer o Tempo na praza Horta do Seminario. A mostra amosa o Camiño de Santiago baixo a mirada de distintos artistas visuais, e está organizada pola Xunta de Galiza e a fundación bancaria La Caixa, dentro das actividades enmarcadas na programación do Xacobeo, e conta coa colaboración da área de Cultura do Concello de Lugo.

A mostra chega a Lugo tras o seu paso pola cidade da Coruña, onde permanecerá ata novembro. Inaugurarase o vindeiro xoves 11 novembro e permanecerá na praza Horta do Seminario ata o 2 de xaneiro de 2022. A itinerancia continuará ata xullo de 2022, pasando por Ourense, Vigo e Compostela.

O traballo fotográfico e audiovisual exponse en 6 grandes contedores de barco habilitados como salas de proxección, onde poden contemplarse  secuencias de imaxes, curtametraxes ou formatos híbridos de fotografía e vídeo. A viaxe entre os diferentes contedores e contidos é un reflexo da propia viaxe dos autores para realizar os seus proxectos, así como o transitar propio do Camiño.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.13797092437744