Os estereotipos, tema central dos Ciberfaladoiros Feministas da Deputación
Os estereotipos, tema central este venres dos Ciberfaladoiros Feministas impulsados pola Deputación de Lugo
10 Nov 2021
O ciclo de Ciberfaladoiros Feministas 2021, que organiza a Deputación de Lugo e o Foro Feminista Maruxa Mallo, inclúe este venres un novo coloquio de Yolanda Domínguez, artista visual, fotógrafa, activista e autora do libro Maldito Estereotipo. O encontro comezará ás 17.00 horas, no salón de actos do IES Lucus Augusti de Lugo. As persoas que o desexen tamén poderán seguir en directo a conferencia a través da canle de YouTube de Nomenklaturas Gestión Cultural. Os Faladoiros Feministas da institución provincial foron organizados para sensibilizar e avanzar na igualdade real e efectiva, loitar contra as violencias machistas e empoderar ás mulleres.