Os locais veciñais gañan apoio para mellorar accesibilidade, equipamento e eficiencia

A Deputación de A Coruña destina preto de 200.000 euros a 39 asociacións de veciños e de mulleres rurais para renovar espazos comunitarios en toda a provincia
DIPU CORU mulleres rurais (2)
Actualizada el 21 mayo 2026, 12:00 horas
29 Nov -0001

A Deputación da Coruña aprobou unha nova liña de axudas para reforzar o papel dos locais sociais como puntos de encontro, formación e actividade comunitaria. A convocatoria suma 199.825,84 euros e beneficiará directamente a 39 entidades sen ánimo de lucro, entre asociacións veciñais e colectivos de mulleres rurais.

As achegas permitirán financiar actuacións moi diversas, desde obras de illamento térmico, melloras de accesibilidade ou reparación de cubertas ata a compra de mobiliario, equipos informáticos, material tecnolóxico e elementos para actividades sociais. O obxectivo é actualizar instalacións que, en moitos casos, funcionan como o principal espazo de convivencia das parroquias.

Entre os proxectos apoiados figuran intervencións en locais veciñais da Coruña, Oleiros, Vilarmaior e outros municipios da provincia. A Asociación de Veciños Barcarola de Catro Camiños, na Coruña, recibirá 1.000 euros para equipamento técnico, audiovisual e mobiliario; a Asociación de Veciños San Cosme de Oleiros contará con 1.906,18 euros para material informático e mobiliario para actividades ao aire libre; e a Asociación Parroquial de Veciños San Xorxe de Vilarmaior obterá 2.424,96 euros para mobiliario e equipamento informático.

A convocatoria inclúe tamén proxectos de maior investimento, como o acondicionamento do Teleclube de Buño, en Malpica, para convertelo nun centro de inclusión contra a soidade no medio rural, cunha axuda de 12.000 euros. No apartado de asociacións de mulleres destaca a achega de 25.600 euros para o illamento térmico e a climatización do novo local social das Mulleres Rurais de Xesteda, en Cerceda.

A Deputación defende que estas subvencións buscan algo máis que mellorar edificios. A renovación dos locais sociais permite manter viva a actividade asociativa, facilitar cursos, encontros e propostas culturais, e combater a soidade non desexada, especialmente no rural e nas parroquias con menos servizos.

0.4131760597229