The Rapants encabezará o Vibra Xoán nas festas de San Xoán de Sarria

O festival celebrarase o 27 de xuño no Campo do Río con actuacións de Mrs. Fine, The Rapants e Duendeneta DJ’s
presentación-Vibra-Xoán-Sarria-2026
8 May 2026

O Concello de Sarria presentou a programación do Vibra Xoán, unha das citas musicais incluídas nas festas patronais de San Xoán, que terá lugar o vindeiro 27 de xuño no Campo do Río.

O evento contará cun cartel encabezado por The Rapants, unha das formacións galegas con maior proxección do panorama actual. A banda subirá ao escenario ás 23:30 horas nun concerto no que repasará os temas que a converteron nun dos grupos máis seguidos do momento.

A programación musical arrancará ás 22:00 horas coa actuación de Mrs. Fine. Xa de madrugada, a partir das 01:00 horas, a festa continuará coa sesión de Duendeneta DJ’s.

Desde a organización destacan que o Vibra Xoán busca converterse nunha noite de referencia dentro das celebracións patronais, cunha proposta dirixida especialmente ao público novo e amante da música en directo.

O festival celebrarase no Campo do Río e contará con entrada gratuíta. O evento está organizado no marco das festas de San Xoán de Sarria co apoio do Concello de Sarria e da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

0.30000686645508