Vigo inicia a montaxe das luces de nadal cun gran acto

Será unha nova edición na que “vai haber grandes novidades” e más de 12 millóns de luces LED, anuncia o alcalde desde a Porta do Sol
_montaje-luces-nadal-vigo
29 Jul 2026

Abel Caballero participou este mércores no inicio da montaxe das luces, un acto no que un gran arco, dous bonecos de neve e algún outro elemento avanzaban as cifras do vindeiro Nadal na cidade: “Máis de 12 millóns de luces LED, 500 rúas iluminadas que van formar parte do gran Nadal, 7.000 motivos ornamentais, 2.700 árbores e 1.200 arcos”, resumiu.

Tal e como explicou, as rúas funcionarán como corredores establecendo un percorrido pola iluminación e a ornamentación que enche a cidade durante dous meses creando diferentes ambientacións.

O alcalde convidou a “toda España a que veña a Vigo e que goce do Nadal”, unha celebración “coñecida en todo o planeta”, logo de que a cidade “lanzase unha forma nova de entender esta festa, unha forma completamente diferente e adaptada ao século XXI”. Nestes momentos, valorou, o Nadal de Vigo “xera unha marca, a marca Vigo, a marca Nadal e por tanto a expectativa que nunca defraudamos” e coa que a cidade logrou atraer “millóns de persoas de tantos lugares do mundo”.

Para este 2026, avanzou Caballero, haberá “grandes novidades” nun Nadal “renovado, axeitado aos tempos actuais”.

0.28510212898254