Skip to main content
Lugo

QuirónSalud compra o Nosa Señora dos Ollos Grandes

Por 27 Xaneiro, 2021Sin comentarios

O grupo de sanidade privada QuirónSalud vén de pechar a compra do sanatorio Nosa Señora dos Ollos Grandes de Lugo, logo de varios meses de negociacións. Trátase do primeiro grupo sanitario de España e o segundo de Europa.

O hospital lucense era o único que quedaba sen pertencer a unha cadea nacional, despois de que outro grupo, Ribera Salud, se fixese co Polusa fai só uns meses.

O sanatorio Nosa Señora dos Ollos Grandes  fundouse no ano 1967 e as súas instalacións renováronse totalmente 13 anos despois. No ano 2011 reabriu as súas portas totalmente renovado. Con máis de 13.000 metros cadrados de superficie, conta con 70 camas, 7 quirófanos e servizo completo de diagnóstico.

QuirónSalud empezou en Castela-A Mancha e Aragón, aínda que actualmente os seus centros exténdense por toda España. Antes da compra do sanatorio Nosa Señora dos Ollos Grandes contaba xa con outros 3 hospitais en Galicia: dous en Pontevedra e outro na Coruña. A compañía cubre todas as especialidades médicas e ten máis de 70 clínicas en todo o país.

Sanatorio Nosa Señora dos Ollos Grandes