Skip to main content
Comarca AMARIÑAXA

Nordés organiza unha actividade en liña en defensa do rural

Por 17 Febreiro, 2021Decembro 18th, 2023Sin comentarios

A asociación Nordés vén de organizar unha nova actividade para este sábado. Tratáse da cuarta edición das xornadas, Alternativas do Rural, que xiran aorredor de vellos oficios para un tempo novo. O sábado 20 de febreiro, ás 18:00 horas falarán de xeito virtual con persoas que queren manterse no rural e que para iso emprenderon o camiño de facer da produción de queixo, mel ou sidra a base principal da súa economía.

Participan nesta actividade, María Veiga de BISQATO, taller lácteo artesanal; Jesús Armenteros do Lagar de Ribela, empresa familiar de producción de sidra galega, e Antonio Martínez de Mel do Santar e Manuel Rodríguez de AGA Ortegal.

Pódese participar directamente a través da plataforma de videochamada Jitsi Meet (https://meet.jit.si/nordés)  ou a través da nosa canle de Youtube Nordes Faladora (https://youtu.be/7OMk4_A1Jho).