Skip to main content
Sarria

O centro de saúde de Sarria xa ten carpa para as esperas

Por 4 Febreiro, 2021Sin comentarios

Carpa instalada no centro de saúde

O Concello de Sarria vén de instalar unha carpa na porta principal de acceso ao centro de saúde da localidade, para que poidan facer uso dela os usuarios que teñen que agardar para seren atendidos. A carpa quedou instalada este mércores, logo de que o Concello recibise a autorización do Sergas.

A instalación desta zona de protección anexa ao centro sanitario fora un dos asuntos abordados no pleno celebrado o pasado 21 de decembro en Sarria. Naquel momento, a corporación municipal aprobara unha moción, presentada por Galicia Sempre, para pedirlle ao Sergas a colocación dunha carpa ou marquesiña para que puidese ser utilizada polos veciños e veciñas mentras facían cola á espera da atención médica.

Desde o goberno municipal sentencian que “aínda que o Sergas non puido acceder á nosa solicitude, si autorizou ao Concello” para a instalación da devandita carpa, da que xa poden facer uso os usuarios do centro de saúde.