Skip to main content
Sarria

A Escola de Educación Infantil de Sarria pide levar o nome de Xela Arias

Por 11 Febreiro, 2021Sin comentarios

A Escola de Educación Infantil de Sarria (EEI) vén de solicitar levar o nome da poeta Xela Arias, a quen este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas.

A proposta fora aprobada polo Consello Escolar no pasado mes de xaneiro, e esta semana o director do centro rexistraba un escrito no Concello solicitando o informe favorable do pleno. A aceptación polo pleno municipal sería o paso previo para a petición do cambio de nomenclatura ante a Consellería de Educación.

Ata o momento, e malia levar case corenta anos en marcha, a Escola de Educación Infantil de Sarria non ten unha denominación específica. Incluír o nome de Xela Arias é unha idea que leva anos rondando entre o persoal do centro, pero non foi ata agora cando a proposta deu tantos pasos en firme. E faino xusto o ano no que o Día das Letras homenaxea a esta autora sarriana, unha das voces máis destacadas da poesía galega contemporánea.

Instalacións da escola infantil