Skip to main content
Triacastela

O Concello de Triacastela mellorará camiños en San Salvador

Por 22 Febreiro, 2021Sin comentarios

O Concello de Triacastela vén de sacar a licitación o acondicionamento duns camiños no núcleo de San Salvador, na parroquia de Toldaos, por 30.890 euros.

A actuación afectará a dúas vías nas que se mellorará o firme  e se limpiarán as cunetas. Para levar a cabo os traballos, o Concello conta cunha axuda de Agader con cargo ao Plan de Mellora dos Camiños Municipais.

As obras teñen un prazo de execución de tres meses aínda que, en todo caso, deberán estar rematadas o vindeiro 4 de xuño.