Skip to main content
Comarca AMARIÑAXA

Convocada a mesa multisectorial sobre a venda de Alcoa para o 6 de abril

Por 28 Marzo, 2021Marzo 29th, 2021Sin comentarios

O Ministerio de Industria convocou para o próximo 6 de abril, ás 16,00 horas e por videoconferencia, unha nova reunión sobre o proceso de compravenda da planta de Alcoa en Cervo. En concreto, o secretario xeral de Industria foi o que convocou ao comité de empresa desta factoría e aos sindicatos, para informarlles sobre a situación.

Na última mesa multilateral, con representantes do ministerio e da Xunta, o pasado luns, as partes constataron un estancamento nas negociacións de venda da fábrica de Aluminio á Sepi (sociedade estatal de participacións industriais). A operación viuse condicionada pola situación financeira de Liberty, o particular interesado en adquirir esas instalacións.

O anterior intento de venda á Sepi resultou frustrado ao rexeitar Alcoa as condicións para a operación. A multinacional estadounidense pretendía entón executar un despedimento colectivo para 500 traballadores que impediu a xustiza. A presión dos traballadores coa folga indefinida e o bloqueo da factoría desembocou nun novo proceso de venda.