Skip to main content
Ourol

A biblioteca de Ourol implanta un servizo de whatsapp

Por 13 Marzo, 2021Sin comentarios

A biblioteca de Ourol ofrece un novo servizo de whatsapp para facilitar a comunicación entre os usuarios e usuarias do centro e a propia organización da mesma.

O obxectivo deste instrumento de comunicación, é que os veciños podan enviar propostas de libros para que o centrro merque, facer reservas, renovar os libros xa prestados e mesmo recibir suxestións ou calquera outro tipo de comunicación.

O número de atención é o 608 694 051.