Skip to main content
Guntín

Concello de Guntín e Xunta barallan colaborar na mellora da área recreativa das piscinas

Por 23 Marzo, 2021Sin comentarios

O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, abordou este martes coa alcaldesa de Guntín, María José Gómez Rodríguez, o estado dos principais proxectos do municipio e as principais demandas dos veciños.

Así, durante a reunión, ambos mandatarios analizaron a situación do Plan Básico Municipal, cuxa redacción se prevé poida estar contratada a finais de 2021, cun prazo de aprobación de 18 meses desde que se licite o contrato concreto. A administración autonómica asinou este mes o contrato polo que se adxudican os traballos para cartografar o concello, como paso previo á elaboración do plan.

Ao longo do encontro avaliaron tamén o estado da solicitude do Plan de infraestruturas rurais, para a reparación da vía de acceso de Grolos a Mougán.

Así mesmo, aproveitaron a xuntanza para abordar a posibilidade de establecer unha colaboración co fin de mellorar a área recreativa das piscinas municipais no río Ferreira. Sería posible, dixeron, a través da nova orde de axudas convocada o 8 de marzo e dirixida a cofinanciar actuacións urbanísticas en concellos de menos de 20.000 habitantes.

A mellora do campo de fútbol, así como proxectos para optimizar o abastecemento, foron outros dos asuntos de interese que se abordaron no encontro.