Skip to main content
Guntín

O PAI de Guntín oferta 20 prazas para o vindeiro curso

Por 18 Abril, 2024Sin comentarios

O Punto de Atención á Infancia (PAI) de Guntín terá 20 prazas para o vindeiro curso, reservándose en todo caso un mínimo de 1 praza para as familias en emerxencia social considerados de carácter urxente polos servizos sociais municipais. O prazo de prematrícula para o vindeiro curso permanecerá aberto ata o 26 de abril. Porén, o prazo de matrícula segue sendo do 01 ao 15 de xullo. Os que queiran inscribirse no servizo poden recoller os impresos no punto de atención á infancia.

Poden facer uso deste servizo os nenos que cumpriran tres meses na data de ingreso e que non superen os tres anos de idade o 31 de decembro do ano no que se solicita a praza. Con carácter excepcional, sempre que existan prazas dispoñibles, poderán ser usuarios das instalacións ata o momento da incorporación á educación infantil de segundo ciclo.

Trátase dun centro de carácter diurno, continuado e de titularidade municipal encadrado nos servizos sociais especializados dos municipios que teñen como  finalidade prestar unha atención de apoio a pais, tutores ou gardadores dos nenos e nenas en situacións que impidan o seu coidado,

A xornada desenvolverse diariamente de luns a venres, ambos inclusive, agás os días sinalados como festivos no calendario laboral, durante oito horas, xa sexa en xornada partida ou continuada segundo a demanda.