Skip to main content
Guntín

Ángel Pérez tomará o bastón de mando do Concello de Guntín o día 24

Por 20 Abril, 2024Sin comentarios

O graduado en INEF e árbitro de fútbol de 28 anos converterase así no rexedor máis novo de toda a provincia tras substituír a María José Gómez, nova conselleira de Medio Rural

Ángel Pérez farase co bastón de mando do Concello de Guntín o día 24. Deste xeito, e tan só 9 días despois de que a anterior alcaldesa, María José Gómez, renunciara ao cargo tras converterse na nova conselleira de Medio Rural, Pérez converterase no rexedor máis novo de toda a provincia.

Farao un pleno extraordinario que se celebrará  a partir das 17.30 horas. O licenciado en INEF e árbitro de fútbol de 28 anos, natal da parroquia de Santa Cruz da Retorta, leva menos dun ano como como membro do equipo de Goberno, pois entrou de número 9 nas pasadas municipais, celebradas en maio, cando o PP se facía con dez dos once concelleiros no municipio.

Para tomar o bastón de mando, todos os concelleiros deberán renunciar a ser elexidos alcalde. Despois formalizarase o nomeamento que supuxo “unha sorpresa total para min e tamén para María José, se mo contan fai unhas semanas non mo creo”, conta.

Responsable da concellería de Deportes

Ángel Pérez entrou a formar parte da corporación local nas pasadas eleccións municipais de maio e fíxose cargo da concellería de Deportes. A pesar da súa curta experiencia na corporación local, estes meses nos que estivo con dedicación exclusiva para o Concello, servíronlle para coñecer máis aos veciños.

Ángel López cursou os seus estudos no CPI Tino Grandío e no IES Lucus Augusti, para logo graduarse en Ciencias da Actividade Física e o Deporte en A Coruña. O futuro alcalde, que forma parte das filas populares dende o 2019, ano que se afiliou a Novas Xeracións, é un gran amante do deporte, xa que exerce como árbitro da Real Federación Galega de Fútbol e práctica disciplinas como o pádel. Ademais de facerse cargo da área de Deportes do Concello de Guntín, era un dos monitores habituais dos cursos e actividades organizadas no municipio