Skip to main content
Sarria

Patrimonio desautoriza o proxecto da pasarela da Ponte Ribeira de Sarria

Por 5 Marzo, 2021Sin comentarios

A Ponte Ribeira

O Concello de Sarria vén de recibir unha notificación da Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta comunicándolle que non autoriza a instalación da pasarela metálica provisional prevista en Ponte Ribeira. O visto bo de Patrimonio é requisito imprescindible para levar adiante o proxecto xa que a ponte está no Camiño de Santiago.

O goberno local anunciara o pasado mes a contratación dos traballos en Ponte Ribeira por 109.000 euros, e cun prazo de execución de 75 días, pero con esta denegación non poderán iniciarse.

A instalación da pasarela perfilábase como o primeiro paso de cara á reapertura de Ponte Ribeira, que leva máis de seis anos pechada. No 2014, os traballos proxectados foran paralizados polo xulgado ante a denuncia de que se puidera estar cometendo un delito contra o patrimonio histórico.

A contratación que se anunciaba en febreiro supoñía a creación dunha nova pasarela, duns 6,5 metros de ancho, de formigón armado sobre vigas metálicas, apoiadas sobre a estrutura da ponte. Tería un carril para a circulación dos vehículos e outro diferenciado para uso peonil.