Skip to main content
Sarria

Malditos Roedores compite nun certame dixital co tema ‘Xa non podo co covid’

Por 22 Marzo, 2021Sin comentarios

Malditos Roedores, de Sarria, participa nun concurso de bandas galegas, en formato dixital, co seu tema ‘Xa non podo co covid’, a súa versión da canción ‘No puedo vivir sin ti’ de Los Ronaldos que compuxeron durante o confinamento.

O certame promóveo a empresa de cervexa artesanal galega Galician Brew en colaboración con Rock in Río Tea, o festival de música de Ponteareas. O grupo gañador recibirá 1.000 euros e terá a oportunidade de dar un concerto nas instalación da empresa organizadora.

No concurso participan 60 grupos de toda Galicia, de entre os que sairán 20 finalistas: dez elixidos por votación popular, ata o 15 de abril na web de Galicia Brew, e outros dez elixidos por membros de Rock in Río Tea.

O tema ‘Xa non podo co covid’, que interpretan Olalla Losada, Noelia González, Nerea Iglesias e Borja López, sitúase polo de agora en terceira posición, con máis de 1.200 votos, e moi preto dos segundos clasificados, a banda Dark Diamond.

Malditos Roedores, creado no ano 2018, compuxo durante o confinamento a versión coa que agora concorren a este concurso, un tema que naquel momento soou desde moitos balcóns de Sarria, cada tarde ás 20.00 horas.