Skip to main content
Sarria

O pleno de Sarria rexeita que o Concello actúe no Muíño do Toleiro

Por 26 Marzo, 2021Marzo 27th, 2021Sin comentarios

O pleno de Sarria rexeitou, na sesión celebrada este xoves, a moción presentada polo grupo municipal do PP na que instaba ao Concello a arranxar de xeito inmediato o Muíño do Toleiro, polo seu estado de deterioro.

Os populares demandaban que, cando menos, se executen actuacións que non o convertan un inmoble “irrecuperable” e lembraban que o edificio sufriu derrubamentos xa en dúas ocasións. Desde o goberno local rexeitaron a moción ao considerar que é o Goberno autonómico quen debe actuar, como titular do Muíño.

Foi rexeitada tamén outra moción do PP para pedir explicacións sobre a perda de 450.000 euros de fondos do plan único dos anos 2017 e 2018.

Muíño do Toleiro

A corporación si deu o visto o bo a unha moción do BNG na que se solicitaba a revisión dos bens inscritos pola Igrexa no municipio, e tamén á ordenanza do cemiterio. Populares e socialistas criticaron o “recorte nos servizos” por non abrir o cemiterio nas tardes dos domingos e días festivos.