Skip to main content
Comarca AMARIÑAXA

Alcoa e a Sepi seguen sen acordo para a venda

Por 22 Abril, 2021Sin comentarios

Tras unha nova reunión multilateral, convocada por Alcoa na mañá de hoxe, segue sen haber acordo entre a Sepi e a empresa para a venda da sección do Aluminio.

As negociacións seguen estancadas e os traballadores avanzaron xa que hai compromiso de matar a paz social ata o 30 de abril pero a partir desa data volverá saírse á rúa se non existe unha conclusión.

O Goberno, molesto coa actitude de Alcoa, instou á empresa a dicidirse pola venda “e deixar de poñer utilizar ás administracións como escusa, porque non son as administracións as que venden a planta”. Aseguran que as condicións impostas por Alcoa son ilegais mentres que dende a empresa seguen coa comunicación de “seguir avanzando nas negociacións” pero insisten en que non teñen unha resposta do Goberno ou de Sepi á folla de condicións xerais (termsheet) que se enviou o 4 de febreiro.

Pola súa banda, o comité de empresa clamou por que se desbloquee a situación e pediu novamente a colaboración dos gobernos.

Tamén Liberty, a através de Alvance, aportou o seu grao de area ao presentar unha documentación que avala a súa solvencia económica.