Skip to main content
Cultura LUGOXALugo

Diego As e Xurxo Morales, recibidos no Concello de Lugo

Por 7 Abril, 2021Sin comentarios

Momento da recepción aos artistas lucenses

O tenente de alcalde, Rubén Arroxo, e a concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, recibiron esta mañá aos artistas lucenses Xurxo Morales, saxofonista, e Diego AS, grafiteiro, que veñen de recibir recoñecementos a nivel estatal e internacional.

“Desde a área de Cultura quixemos recoñecer o traballo destes dous lucenses, que cos seus recoñecementos veñen de promocionar a gran capacidade artística coa que conta Lugo”, destacou a edil nacionalista.

O saxofonista lucense Xurxo Morales recibiu o terceiro premio nas Xornadas Internacionais de Saxofón que se celebran anualmente en Andorra, baixo a tutela de figuras prestixiosas do saxofón clásico como Claude Delangle ou Alain Crepin. Xurxo Morales era o único representante español no certame.

Pola súa banda, o muralista Diego AS vén de ser proclamado campión estatal de grafitti nun concurso organizado pola Liga Nacional de Grafitti, coa realización dun mural de 5×5 metros titulado ‘New Virus Like’ que, segundo o autor, foi pensado para “a xuventude que está perdida”. Diego AS comparte a victoria na primeira edición deste certame co vasco Nexgraff.