Skip to main content
Comarca AMARIÑAXA

Os traballadores de Alcoa comezarán con mobilizacións

Por 14 Maio, 2021Maio 16th, 2021Sin comentarios

Os membros do comité de empresa de Alcoa anunciaron que finalmente iniciarán un novo período de protestas. Este anuncio fíxose esta mañá trala reunión mantida coa dirección da empresa sobre a situación na que se atopa a operación de venda da planta de Aluminio.

Deste xeito, desenvolverán un calendario de mobilizacións para as que piden o apoio de todos os traballadores e da comarca así como do resto de veciños. “É fundamental que sigamos demostrando que temos esa forza”, dixo o presidente do comité, José Antonio Zan.

Os membros do comité de empresa, con Zan á cabeza, insistiron en que ten que ser a Sociedade Estatal de Participacións Industriais (Sepi) a que coordine a operación de venda como unha garantía. Engadiron que “é algo ao que os políticos comprometéronse”.

Zan afirmou esta mañá tamén que hai moitos compradores interesados, pero de momento un único comprador, Liberty polo que apelou a Alcoa para que “dunha vez deixe fluír a negociación”.

A próxima reunión está prevista para o vindeiro martes e nela o comité espera que a multinacional se pronuncie sobre se vai negociar ou non.