Skip to main content
Triacastela

Triacastela estuda preparar a festa do Peregrino para este verán

Por 7 Maio, 2021Sin comentarios

O Concello de Triacastela está estudando a preparación da festa do Peregrino de 2021, que se celebrará o 17 de xullo, por ser o fin de semana anterior ao Día de Santiago; sen embargo, por causa da pandemia aínda non hai nada confirmado. A alcaldesa, Olga Iglesias, está á espera de ver como evoluciona a situación da covid19 para poder planificar dita festa no próximo verán. O evento, que naceu en xullo do 2019, está adicado ao peregrino, polo que moitas das actividades que se realizan son arredor da súa figura. Xunto a elas, tamén se levan a cabo actuacións de música tradicional e talleres de artesanía, entre outras.

A figura do peregrino é de gran importancia debido ao papel que ten o municipio no Camiño de Santiago. Por esta razón, a intención é crear unha xornada festiva na que se xunten dúas das grandes esencias de Triacastela, veciños e peregrinos.