Skip to main content
Comarca AMARIÑAXA

O comité de Alcoa avala a unha das empresas interesadas na compra

Por 4 Xuño, 2021Sin comentarios

Membros do comité de empresa de Alcoa mantiveron unha reunión cun dos candidatos a facerse coa planta de Aluminio.

Nesta xuntanza os traballadores preguntáronlle sobre o Plan Enerxético e Industrial, ademais de por las condicións laborais unha vez vendida, as cales aseguran “non terían problema en manter”.

A empresa está disposta a facer investimentos pero, “por motivos de confidencialidade”, non poden revelar a identidade nin os plan presentados.

O comité continuará estes días con reunións cos outros cinco potenciais compradores da fábrica, tal e como anunciaron trala celebración da mesa multilateral onde a empresa comunicou que firmou contratos de confidencialidade con cinco interesados e que a todos eles remitiulles a folla de condicións para negociar a venda, “as mesmas que estaban xa vistas”.

O comité indicou que cinco das seis candidatas pasaron xa a primeira criba pero que o sexto interesado non está decartado aínda e podería entrar de novo na negociación nos próximos días.

Pola súa banda Raül Blanco insta a Alcoa a deixar de “poñer escusas para cubrirse xuridicamente e non realizar a venda” e a que a faga directamente.  Afirma que Alcoa enrocouse nun proceso xurídico poñendo á Sepi e ao Goberno como escusa para non vender. Con duras palabras indicou que habendo seis empresas interesadas non é necesaria a intermediación do Goberno, senón vixilando que se produza a venda.

Instou a Alcoa a “vender dentro do marco xurídico” e deixar paso a outro propietario “que tenga licencia moral”.