Skip to main content
Sarria

O BNG sinala a necesidade de reformular o novo proxecto de EDAR

Por 25 Xuño, 2021Sin comentarios

O deputado do Bloque Nacionalista Galego no Congreso, Néstor Rego, acompañado polos edís da formación en Sarria, Efrén Castro e Mónica López, visitaron a Estación Depuradora de Augas Residuais para comprobar de primeira man, xunto coa veciñanza da zona, o novo proxecto que se quere desenvolver na zona.

A veciñanza da parroquia de Vilar de Sarria, en concreto o lugar da Veiguiña, está padecendo o mal estado da depuradora, cun continuo anegamento de residuos das súas terras como o propio río Sarria. Ante o novo proxecto de EDAR impulsado pola Confederación Hidrográfica, estas eivas non se eliminarían ao que todavía prexudicarían máis o enclave natural do río, convertendo a illa da Veiguiña nun punto instransitable e contaminado.

O BNG defende a necesidade de reformular o proxecto para modernizar esta instalación e, así, paralizar as verteduras e garantir o bo funcionamento. Por esta razón, o Bloque rexistrou diferentes preguntas ao Ministerio de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico para coñecer si se teñen contempadas as alegacións da veciñanza e si se dispón a redactar un novo proxecto.

O deputado Néstor Rego declarou que “o proxecto que se quere desenvolver ocasionaría a anegación de vertidos en varios puntos, sendo o máis grave a illa da Veiguiña, ocasionando graves problemas medioambientais como de convivencia, xa que esta zona está moi próxima as vivendas”

Neste mesmo sentido, o portavoz municipal do BNG, Efrén Castro, dixo que “o novo proxecto da EDAR supón un chanzo no camiño para arranxar este problema definitivamente” ao que subliñou a necesidade de “temos que contar cun entorno saudábel e respectuoso cos nosos ríos, o que poderían ser fonte de calidade de vida para a veciñanza como un valioso recurso turístico para o noso concello” sentenciou Efrén Castro.