Skip to main content
SarriaTriacastela

A serie O camiño interior pasa pola etapa de Triacastela a Sarria

Por 7 Xuño, 2021Xuño 8th, 2021Sin comentarios

O camiño interior chega a Galicia da man do seu creador Miguel Ángel Tobías. O proxecto consiste nunha serie documental de 16 capítulos na que percorrerá o camiño de Santiago dende León a Fisterra.

Miguel Ángel, director e creador de formatos de éxito como Españoles en el Mundo, inicia hoxe, luns 7 de xuño, a etapa de Triacastela a Sarria acompañado de Jose María Poveda, neuropsiquiatra de traxectoria internacional cunha forte vinculación con Oriente onde viaxou co fin de estudar as prácticas de saúde tradicionais e os métodos de asistencia ás enfermidades mentais.

Xuntos compartirán sensacións e emocións, que leven á reflexión e á acción. Unha viaxe motivadora no que o espectador poida atopar algunhas ferramentas, que lle axuden a saír desa zona de comodidade ou non comodidade na que nos atopamos en moitos momentos da nosa vida, e da que non sabemos ou non podemos saír.

Nesta etapa, na que decidiron percorrer o tramo que pasa polo Mosteiro de Samos, Jose María compartirá os coñecementos e experiencias adquiridos ao longo da súa carreira profesional.

“Sen dúbida a humanidade está a vivir, a maior crise existencial da época moderna, por culpa da pandemia. Sen dúbida unha traxedia para as persoas que se viron afectadas en primeira persoa, pero tamén unha oportunidade para as sociedades, de repensar todo un sistema de valores que nos xeraron progreso, pero tamén moitas desigualdades e inxustizas, e un balance negativo entre o ser e o ter, en favor deste último, o que sen dúbida nos xerou como individuos e colectivamente un alto grao de infelicidade e sen carga, que tentamos encher coa acumulación de máis e máis cousas materiais”, sinalouse.

Así mesmo, tamén se engadiu que “O Camiño de Santiago permítenos e obríganos a desposuírnos do noso personaxe, das nosas posesións, das nosas miserias, do noso acelerado ritmo de vida, e aos poucos ir penetrándonos en sentido profundo e último do camiño, O camiño interior”.

A data da estrea, aínda por concretar, publicarase a través dos medios de comunicación e redes sociais, así coma as novidades sobre a rodaxe.