Skip to main content
Triacastela

Fegadace imparte en Triacastela unha charla sobre prevención do dano cerebral

Por 27 Xuño, 2021Sin comentarios

A traballadora social de FEGADACE, Carla Miranda, estará mañá luns 28 de xuño en Triacastela para impartir unha charla sobre prevención do dano cerebral adquirido. Vai ter lugar ás 11.30 na sala A Fonte do Lunar (praza da Deputación, s/n).

Dirixida especialmente a peregrinos e peregrinas, así como a toda a poboación local encargada da súa atención e recepción, esta actividade informativa vai estar centrada na prevención dos traumatismos cranioencefálicos derivados de distintos riscos asumidos no Camiño de Santiago: accidentes de tráfico, golpes, contusións e caídas.

Tamén se falará sobre o ictus, dado que o exercicio físico realizado ao camiñar ou pedalear é un hábito moi saudable que, combinado con outros, axuda á prevención do que é a principal causa do dano cerebral adquirido.

Esta charla inclúese dentro de Camiñando polo dano cerebral, un proxecto impulsado por FEGADACE no marco do programa O Teu Xacobeo, financiado pola Xunta de Galicia e o Xacobeo 2021-2022. Conta coa colaboración do Concello de Triacastela