Skip to main content
Sarria

A CHMS presentou o novo proxecto de saneamento da Edar de Sarria

Por 9 Xullo, 2021Xullo 10th, 2021Sin comentarios

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, somete a información pública (IP) o Proxecto de construción de actuacións de mellora do saneamento da EDAR de Sarria.

Desta forma, dende a CHMS buscan mellorar o proxecto do novo saneamento e da estación depuradora de augas residuais na que se pretende construír un colector que non estaba previsto no plan inicial, e que aumentará o custe en 360.000 euros.

Así pois, tamén se lembrou o problema de Sarria coa depuración da auga, na que a rede unitaria mezcla a auga pluvial da fecal. Desta maneira, tan só hai que esperar a que chova para que a Edar quede sen capacidade para tratar as augas fecais, xerando unha contaminación nun tramo do río.

Veciños e veciñas tamén denunciaron a situación e instaron á Confederación a mellorar o proxecto de saneamento que, actualmente, contempla unha separación de augas, así coma a construción dun tanque de tormentas que ten a función de regular a auga cando as choivas son extremas. Así pois, engadirase a iso un colector dende ese tanque -que conectará tamén a saída da depuradora-.

O proxecto

A actuación consiste na substitución do colector da marxe esquerda do río Sarria desde a rúa Calvo Sotelo ata a rúa Greco e un tramo do colector xeral desde esta última ata o novo dispositivo de retención, que servirá para controlar o caudal de entrada á depuradora, executando así un total de 1.000 metros de colector. Na Edar instalaranse novos equipos e actualizaranse os existentes para mellorar o seu funcionamento.

As obras serán cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e serán licitadas por un valor de 2.435.845,49 euros. Así pois, o prazo de execución estímase en 12 meses.