Skip to main content
Sarria

Instalados novos pasos de peóns elevados en Sarria

Por 16 Xullo, 2021Sin comentarios

O Concello de Sarria informa que xa están instalados os sete novos pasos elevados en vías de titularidade municipal.

Concretamente, as actuacións realizáronse nas rúas Castelao, Formigueiros, Nova, Calvo Sotelo e Anxel Fole.

Con eles preténdese mellorar a mobilidade e garantir a seguridade de todos os peóns. Esta é unha das primeiras actuacións para mellorar a mobilidade urbana en Sarria.