Skip to main content
Sarria

Sarria acolle o concerto de Abraham Cupeiro

Por 18 Xullo, 2021Sin comentarios

O vindeiro luns 19 de xullo, a partir das 10.30 horas, celebrarase na antiga prisión preventiva de Sarria o acto de presentación de Resoando no Camiño Francés, un proxecto artístico do músico Abraham Cupeiro que conta coa colaboración da Mancomunidade de municipios do Camiño Francés.

Na presentación ofreceranse os detalles e contidos da actuación que Abraham Cupeiro realizará en distintos emprazamentos patrimoniais dos seis concellos nos que actuará -Palas de Rei, Arzúa, Melide, Monterroso e Triacastela-; facilitando as datas, localizacións, horarios ou reserva de entradas.

Ao remate do acto, proxectarase un vídeo promocional do ciclo de concertos, e Abraham Cupeiro realizará unha breve demostración en directo con algún dos instrumentos ancestrais que resoarán no Camiño Francés.