Skip to main content
Triacastela

O espectáculo 2Pilgrims chega a Triacastela

Por 16 Xullo, 2021Xullo 17th, 2021Sin comentarios

Redrum Teatro estará en Triacastela o vindeiro 28 de xullo co seu espectáculo 2Pilgrims, unha actuación novidosa que ten como propósito chegar a Santiago, pero tamén reflexionar sobre o Camiño, a igualdade e as novas masculinidades.

A obra está dirixida por Álex Sampayo e protagonizada por Sheyla Fariña e Guillermo Carbajo sobre dramaturxia de Fernando Elpede.

Así pois, o espectáculo preséntase como unha comedia transdisciplinar, que “vai moito máis alá da materia xacobea” e que tira tanto da linguaxe teatral coma da audiovisual e das redes sociais co obxectivo declarado de achegarlle a través do humor ao público adolescente unha fonda reflexión sobre cuestións coma as novas masculinidades, a violencia de xénero, os conflitos de poder e mesmo a parte “traseira” do glamour audiovisual.

Esta obra chegará a Triacastela o día 28 para facer que os espectadores pasen un bo anaco, así coma que reflexionen sobre certos temas que están no día a día.